/*WDG-CORE-END*/ /*WDG-CORE-END*/ About – ACLUXEGA Skip to main content

ACLUXEGA, Asociación Clúster da Xeotermia Galega, nace en febreiro de 2010 co obxectivo de aglutinar ás empresas galegas dedicadas ao mercado da xeotermia, potenciar o coñecemento desta enerxía renovable e converter a Galicia nun referente nacional no sector xeotérmico.

Somos o único clúster de xeotermia de España. Agrupamos empresas instaladoras, perforadoras, enxeñerías, distribuidoras, centros tecnolóxicos, universidades e colexios profesionais que conforman toda a cadea de valor do sector en Galicia e no conxunto do Estado.

A nosa razón de ser é clara: promover a calidade, a formación e o crecemento dun sector estratéxico para a transición enerxética de Galicia

Obxectivos

Divulgación e popularización da xeotermia

“Damos a coñecer a xeotermia entre a cidadanía, os profesionais e as institucións a través de xornadas, charlas, feiras e medios de comunicación. Máis de 250 accións divulgativas realizadas en toda Galicia desde 2010.”

Interlocución coa administración pública

“Actuamos como interlocutores do sector ante a administración autonómica e estatal. Colaboramos con organismos como o INEGA e o IGVS para o desenvolvemento de programas de subvencións, normativa e estratexias de impulso á xeotermia en Galicia.”

Eliminación de malas prácticas no sector

“Velamos pola reputación e a calidade do sector xeotérmico galego. A través dos nosos estándares, guías de boas prácticas e a Marca de Calidade ACLUXEGA garantimos instalacións seguras, eficientes e profesionais.”

Formación e capacitación de profesionais

“Ofrecemos formación especializada e de calidade para os profesionais do sector: instalación, perforación, posta en marcha e mantemento de sistemas xeotérmicos. Máis de 13 cursos impartidos desde a nosa fundación.”

Apoio á investigación e á innovación

“Fomentamos a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico no ámbito da xeotermia, colaborando con universidades, centros tecnolóxicos e entidades de I+D+i para impulsar o coñecemento e a innovación no sector.”

Posicionamento de Galicia como referente nacional

“Galicia conta cun subsolo privilexiado para a xeotermia e un sector empresarial altamente profesionalizado. ACLUXEGA traballa para que a nosa comunidade sexa recoñecida en toda España como territorio de referencia nesta enerxía renovable.”

Normalización e estándares de calidade

“Participamos no Comité Técnico de AENOR para o desenvolvemento da norma UNE de referencia sobre xeotermia e promovemos a nosa Marca de Calidade ACLUXEGA – Galicia Calidade.”

Fomento do crecemento do mercado

“Traballamos para ampliar o mercado xeotérmico en Galicia, apoiando ás empresas do sector na captación de novos clientes e oportunidades, e promovendo a xeotermia como alternativa eficiente e competitiva fronte aos sistemas convencionais.”

2010

Fundación de ACLUXEGA

2011

I Congreso Internacional de Xeotermia en Galicia

2014

II Congreso Internacional - Posta en marcha da Marca de Calidade ACLUXEGA - Participación en comité AENOR (norma UNE 100715)

2015 - 2020

Convenios con INEGA dentro da Estratexia de Impulso a Xeotermia

2018

Adhesión a Marca de Garantía "Galicia Calidade"

Na actualidade...

Mais de 13 cursos de formación, mais de 250 accións divulgativas, 2 edicións do Manual de Climatización Xeotérmica, mapa de instalacións Xeotérmicas de Galicia...

Forma parte de enerxía do cambio.