Asociación Clúster da Xeotermia Galega
Voltar a terra
Dende os homes primitivos que edificaban os seus fogares en covas a xeotérmia chegou aos nosos días por medio da tecnoloxía que nos permmite aforrar cun sistema de calefacción sostible.
Agrupamos máis de 40 empresas, centros tecnolóxicos, universidades e institucións que conforman toda a cadea de valor do sector xeotérmico galego.
ACLUXEGA, a Asociación Clúster da Xeotermia Galega, é o único clúster de xeotermia de España. Desde 2010 traballamos para impulsar o coñecemento, a calidade e o uso desta enerxía renovable en Galicia e no conxunto do Estado.
2010
43
256
Enerxía limpa e renovable
Sen combustión, sen emisións no punto de consumo. A xeotermia aprovecha o calor do subsolo para climatizar de forma ecolóxica.
Aforro
Unha instalación xeotérmica permite reducir a factura enerxética ata un 70% respecto aos sistemas convencionais.
Enerxía local e autóctona
Galicia conta cun subsolo con excelentes condicións para a xeotermia. Non depende de prezos internacionais nin de subministros externos.
Estratéxia conxunta, formación e concienciación para un mundo mais limpo.
ACLUXEGA nace no 2010 co obxetivo de unir a toda-las empresas galegas dedicadas a industria da Xeotermia e potenciar o coñecemento e o uso desta fonte de enerxía renovable.
ACLUXEGA convida á charla sobre xeotermia no CIFP Valentín Paz Andrade
Mapa de instalación de Xeotermia de Galicia
Nestes mapas poderas atopar un listado das instalacións realizadas en galicia así coma outros datos de interese.






